domingo, 20 de noviembre de 2011

Vitaminas para o galego


O idioma galego necesita vitaminas. A lingua galega precisa de axudas. Entre esos apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, utilizan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do noroeste da Península Ibérica. A pluralidade de linguas é unha riqueza cultural que a humanidade debe protexer e cultivar.

martes, 11 de octubre de 2011

Enlaces de Sonradiofusión

<a href="http://feedvalidator.org/check.cgi?url=http%3A//sonradiofusion.blogspot.com/feeds/posts/default"><img src="valid-atom.png" alt="[Valid Atom 1.0]" title="Validate my Atom 1.0 feed" /></a>

jueves, 1 de septiembre de 2011

Novos videos das cuñas de Alfonso Tellado e Isabel Risco

Aqui podedes ver dous novos videos das cuñas que Alfonso Tellado e Isabel Risco grabaron para nos, de novo lles agradecemos a súa colaboración e vos animamos a que sigades os seus pasos, asóciate con nos e danos máis forza, somos RadioFusión a radio da vida.



miércoles, 31 de agosto de 2011

Issabel Risco e Alfonso Tellado visitaron RadioFusión

Alfonso Tellado e Isabel Risco visitaron o pasado luns a nosa emisora en RadioFene e colaboraron con SonRadioFusión facendo unhas cuñas para emitir. Moi pronto as escoitaredes en antena, deixámovos aquí un adianto para que os vexades. Dende aquí dámoslles as gracias por colaborar neste proxecto.



lunes, 22 de agosto de 2011

Unha veciña de Limodre, gañadora do lote de Albariño sorteado por SonRadiofusión




Cris Victoria Abeledo, de Limodre, resultou gañadora do lote de 6 botellas de Albariño "Pórtico da Ría" cedidas por Bodegas Barral, de Barallobre.

Do arredor dun milleiro de participantes, sumados entre os primeiros asociados de Son Radiofusión e os asistentes á Festa da Orella de Limodre, a papeleta de Cris foi a escollida ao azar pola Delegada de zona da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez, que foi entrevistada en directo na programación de Radio Fene a media mañá deste luns 22 de agosto.

Son Radiofusión, a asociación de amizade coa radio local, continúa con accións de promoción para recabar apoios de todas as persoas que gosten das emisoras municipais, das que contan os acontecementos máis próximos á veciñanza, desde un punto de vista local e en galego.

Se queres asociarte, podes facelo cubrindo a ficha de inscrición neste enlace.

martes, 16 de agosto de 2011

Sorteo de Albariño para celebrar o nacemento de Son Radiofusión




Son Radiofusión, a asociación de amizade coa radio local, sortea unha caixa de 6 botellas de viño Albariño “Pórtico da Ría” cedida xentilmente por Bodegas Barral, de Barallobre-Fene.

Todas as persoas que se fagan socias de Son Radiofusión antes do vindeiro sábado 20 de agosto entrarán neste sorteo, que se resolverá o luns, 22 de agosto, ás 12 da mañá, en directo, na programación de Radio Fene. Tamén forman parte do sorteo as primeiras persoas xa asociadas.

Ademais, este venres, 19 de agosto, Son Radiofusión estará na Festa da Orella de Limodre, onde as persoas asistentes poderán inscribirse no concurso e facerse socias do colectivo.

Son Radiofusión ten como o obxectivo aglutinar a todas as persoas interesadas na defensa e posta en valor das emisoras municipais de radio, os medios de comunicación públicos e en galego máis achegados á sociedade.

Podes facerte socio/a cubrindo a ficha de inscrición neste enlace.

jueves, 28 de julio de 2011

Xosé Ramón Pousa presidirá o Consello Asesor da radio local

O profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Ramón Pousa Estevez presidirá o Consello Asesor da radio local, unha das primeiras iniciativas de Son Radiofusión. O Consello prestará asesoramento e propoñerá liñas de actuación ás emisoras municipais galegas. Formarán parte deste organismo 15 persoalidades do mundo da comunicación, da cultura e da música de Galicia.

sábado, 23 de julio de 2011

Nace SonRadiofusión, unha asociación na defensa das emisoras municipais de radio en Galicia

Preséntase oficialmente este domingo ás 13 horas na Galería Central do Festigal
Conta co apoio de personalidades destacadas da música e a cultura de Galicia

SonRadiofusión xorde na rede de emisoras municipais de Galicia para procurar a unión de forzas de todas as persoas interesadas na defensa dos medios de comunicación máis próximos á cidadanía. Uns medios que teñen unha visión da actualidade propia e diferenciada das demais, que dan voz a persoas e colectivos que non teñen cabida noutros, e que ademais, emiten a súa programación en galego.

SonRadiofusión busca asociar o maior número posible de persoas que queiran axudar a manter e medrar o proxecto comunicativo das emisoras municipais galegas, algunhas das cales teñen máis de 20 anos de historia. Para isto, afirman que “queremos construir unha axenda informativa galega, porque Galicia tamén ten dereito a ter presenza informativa neste mundo globalizado”. Así mesmo, apostan “descaradamente” pola promoción da
lingua e da cultura galegas e defenden o pluralismo político e social. Tal e como se afirma no folleto de presentación: “todas as opcións deben ter posibilidades de expresión e comunicación”.

O profesor da USC, Xosé Ramón Pousa, presidirá o acto de presentación

O marco do Festigal, en Santiago de Compostela, é o escenario escollido para a presentación oficial desta asociación. Será este domingo 24 de xullo ás 13 horas na Galería central das letras e ideas, e participarán varios directores de emisoras municipais: Emilio Forxán de Radio Negreira, Nazaret López de Ames Radio e Henrique Sanfiz de Radio Fene e secretario das Emisoras Municipais Galegas (EMUGA).

O acto estará presidido polo profesor de radio da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Ramón Pousa, quen tamén vai formar parte do Consello Asesor de SonRadiofusión. Xunto a el, outras persoas destacadas da música e cultura galegas, como o gaiteiro Daniel Bellón ou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón, conformarán este órgano.