miércoles, 31 de agosto de 2011

Issabel Risco e Alfonso Tellado visitaron RadioFusión

Alfonso Tellado e Isabel Risco visitaron o pasado luns a nosa emisora en RadioFene e colaboraron con SonRadioFusión facendo unhas cuñas para emitir. Moi pronto as escoitaredes en antena, deixámovos aquí un adianto para que os vexades. Dende aquí dámoslles as gracias por colaborar neste proxecto.



lunes, 22 de agosto de 2011

Unha veciña de Limodre, gañadora do lote de Albariño sorteado por SonRadiofusión




Cris Victoria Abeledo, de Limodre, resultou gañadora do lote de 6 botellas de Albariño "Pórtico da Ría" cedidas por Bodegas Barral, de Barallobre.

Do arredor dun milleiro de participantes, sumados entre os primeiros asociados de Son Radiofusión e os asistentes á Festa da Orella de Limodre, a papeleta de Cris foi a escollida ao azar pola Delegada de zona da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez, que foi entrevistada en directo na programación de Radio Fene a media mañá deste luns 22 de agosto.

Son Radiofusión, a asociación de amizade coa radio local, continúa con accións de promoción para recabar apoios de todas as persoas que gosten das emisoras municipais, das que contan os acontecementos máis próximos á veciñanza, desde un punto de vista local e en galego.

Se queres asociarte, podes facelo cubrindo a ficha de inscrición neste enlace.

martes, 16 de agosto de 2011

Sorteo de Albariño para celebrar o nacemento de Son Radiofusión




Son Radiofusión, a asociación de amizade coa radio local, sortea unha caixa de 6 botellas de viño Albariño “Pórtico da Ría” cedida xentilmente por Bodegas Barral, de Barallobre-Fene.

Todas as persoas que se fagan socias de Son Radiofusión antes do vindeiro sábado 20 de agosto entrarán neste sorteo, que se resolverá o luns, 22 de agosto, ás 12 da mañá, en directo, na programación de Radio Fene. Tamén forman parte do sorteo as primeiras persoas xa asociadas.

Ademais, este venres, 19 de agosto, Son Radiofusión estará na Festa da Orella de Limodre, onde as persoas asistentes poderán inscribirse no concurso e facerse socias do colectivo.

Son Radiofusión ten como o obxectivo aglutinar a todas as persoas interesadas na defensa e posta en valor das emisoras municipais de radio, os medios de comunicación públicos e en galego máis achegados á sociedade.

Podes facerte socio/a cubrindo a ficha de inscrición neste enlace.