lunes, 22 de agosto de 2011

Unha veciña de Limodre, gañadora do lote de Albariño sorteado por SonRadiofusión




Cris Victoria Abeledo, de Limodre, resultou gañadora do lote de 6 botellas de Albariño "Pórtico da Ría" cedidas por Bodegas Barral, de Barallobre.

Do arredor dun milleiro de participantes, sumados entre os primeiros asociados de Son Radiofusión e os asistentes á Festa da Orella de Limodre, a papeleta de Cris foi a escollida ao azar pola Delegada de zona da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Martínez, que foi entrevistada en directo na programación de Radio Fene a media mañá deste luns 22 de agosto.

Son Radiofusión, a asociación de amizade coa radio local, continúa con accións de promoción para recabar apoios de todas as persoas que gosten das emisoras municipais, das que contan os acontecementos máis próximos á veciñanza, desde un punto de vista local e en galego.

Se queres asociarte, podes facelo cubrindo a ficha de inscrición neste enlace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario